A nosa infraestructura conta actualmente con 9 nodos en distintos edificios das parroquias de Rianxo, Taragoña, e Asados. Ditos nodos constan de candanseu punto de acceso (actualmente usamos puntos de acceso Meraki) e dependendo de onde estean situados, de routers, distintos tipos de antenas, e incluso de puntos de acceso adicionais nun mesmo nodo, como é o caso do polideportivo de Campo Maneiro en Taragoña, e Rinlo, o punto mais centralizado da rede.

Alí, en Rinlo atopamos unha das 3 ADSL's ofrecidas á asociación, a cal enlazamos cos usuarios a traves dun punto de acceso e unha antena omnidireccional, é a súa vez enlazamos tamen co poli de Taragoña, a traves dun punto de acceso e unha antena algo mais especificos, de 5GHz, para facer un enlace mais estable (ocurreusenos despois de varios anos de problemiñas co susodicho enlace, máis vale tarde que nunca)

Os outros dous puntos clave son os situados nas 2 ADSL's restantes, unha en Campo de Cartas, e outra en Rianxiño. Mediante estes dous puntos e máis Rinlo, repartimos toda a rede arredor das antes mencionadas parroquias do concello.

