
Estamos desenrolando a nova infraestructura de RianxoSenCabos, buscando un maior control por parte da asociación e non ter que depender de ningunha compañía para o control dos usuarios.
Dende fai un mes levamos a cabo a primeira fase que consistia na instalación de catro novos puntos de acceso , así coma un servidor para o control dos usuarios. Estes novos trebellos están colocados en Rianxiño e Campo Maneiro, habendo dous en cada lugar.
Se recibes algunha WiFi co nome RsC3.0_Rianxiño ou RsC3.0_CampoManeiro, son da nova rede. Algún dos asociados xa está conectado a través destes novos puntos de acceso, e así estamos levando a cabo as probas correspondentes.
O seguinte paso será colocar e probar un servidor radius, para o control automatizado dos socios. Esperamos comezar esta fase antes de que remate o ano (xa veremos se somos capaces :-)
Pois polo de agora ista é a novidade máis salientable, seguiremos informando.
