RianxoSenCabos e unha asociación sen ánimo de lucro cuxo proxecto é crear unha rede inarámbica que abarque a totalidade da extensión do noso concello. Con esta rede o que queremos e buscamos é dar a posibilidade de conectar todos os ordenadores daquelas persoas que queiran formar parte deste proxecto, e así poder compartir os recursos que cada quen considere, dende todo tipo de arquivos, conexións a internet, chatear cos outros membros da rede e xogar a traves da mesma, e incluso cabe a posibilidade de facer chamadas telefónicas a un coste de 0 euros.
Para conseguir esto o que empregamos son adaptadores WiFi, dende tarxetas PCI ou PCMCIA, pasando por USBs, ou tarxetas integradas xa dentro dos portátiles, teléfonos móbiles con WiFi. Todos estes dispositivos conéctanse a un punto de acceso, que é o que nos posibilita manter unha conectividade entre todos os trebellos. Pero todo isto non pode nacer dun día para outro, e xa levamos tempo metidos nesto.
Dende que comezamos alá polo 2003, a tecnoloxía WiFi cambiou moito, e trocamos varias veces de rumbo, para tratar de acadar a mellor solución que se adaptase ós nosos propósitos. E foi a mediados do 2007, cando por fin a atopamos. Dende entón fedellamos, cabilamos, montamos e desmontamos, subimos e baixamos dos tellados, e optivemos resultados positivos, que esperamos que se sigan a manter.E así, a rede sen fíos, vaia medrando e acade canto antes o fin da Asociación.
Toda axuda é pouca, e dende aquí queremos facer un chamamento á cidadanía, ás empresas, e a administración, para que xuntos consigamos acadar o obxetivo de facer un Rianxo máis moderno. Uff!! esto quedou demasiado político, non?? En fin, que unha man sempre será ben acollida, que somos poucos (pero valentes), e non dispoñemos nin de tempo nin de fondos nin de infraestructuras. Por non ter, non temos nin caixa de ferramentas. Si queres ou sabes de alguén que quera participar de forma activa (ou pasiva) nesta ilusión, ponte en contacto ca Asociación. Tampouco temos teléfono de contacto, co que o único que podemos empregar para comunicarnos son os correos electrónicos (son de balde :-) )
